Cara a cara #459: Guadi Galego

Cara a cara - Un pódcast de PontevedraViva Radio

Podcast artwork

Guadi Galego volve aos escenarios cun espectáculo pensado soamente para o directo: 'Síntese Horizonte'. Este sábado 13 de abril regresa ao Teatro Principal de Pontevedra despois de sete anos desde a súa última actuación. Fala do poder da música en vivo: "Isto é un espectáculo de vida e queremos que a xente entre nesa emoción. A primeira parte é un tanto desconcertante pero tamén a parte final é moi esperanzadora", explica. Avánzanos que é probable que 'Síntese Horizonte' teña polo menos outra data máis e tamén fala da súa presenza en festivais para este 2024, como será por exemplo o PortAmérica. Foto: Pixelin Photo 24

Visit the podcast's native language site